
Como cada ano, a Asociación Veciñal Fonte do Galo celebra a cea-baile de Nadal. Será o sábado 14 de decembro no Hotel Cidade de Vigo (Rúa Concepción Arenal, 5) ás 21 horas.
É necesario anotarse previamente. Xa o podes facer na secretaría da Asociación ou ben chamándonos por teléfono ao 886 12 54 29.
Despois de desfrutar dun exquisito menú preparado polo restaunte do Cidade de Vigo, haberá música e baile para pasar unha moi boa noite.