A primeira hora da mañá do vindeiro 19 de marzo sairemos desde Vigo rumbo a Teruel. Visitaremos durante esta viaxe as Grutas de Cristal en Los Molinos. Accederemos nelas a dúas salas: a Sala dos Cristais e a Sala Marina. A prtimeira presenta gran diversidade de espelotemas, entre os que destacan as estalactitas excéntricas. A entrada á Sala Marina ofrece unha expléndida visión de espeleotemas coralinos que dan nome a esta estancia. Nas escaleiras de acceso á cova, unha liña de tempo convida a a interpetrar o tempo xeolóxico, para axudarnos a comprender a xénese da paisaxe.
Visitaremos tamén a Catedral de Satanta María, de estilo mudéxar, declarda Patrimonio da Humnadidae. Coñcecermos tamén as torres das igrexas de San Pedro, San Martín e San Salvador, de estilo gótico. Etaremos tamén no Museo Porvincial de Teruel, situado na Casa da Comiunidade, un palacio de estilo renacentista aragonés con entrada (opcional) ao mausoleo dos Amantes de Teruel.
O 21 de marzo visitaremos Albarracín, declarado Monumento Nacional en 1961. Camiñaremos polo casco antigo, coñecermos o castelo, a Torre Branca, a Catedral do século XVI, a igrexa de Santa María, o palacio Episcolpal e varias mansións señoriais. Sairemos logo cara a Montes Universales para ver o nacemento do río Tajo. Coñeceremos Bronchales, a máis destacada dos Montes Universales. Aí visitaremos igrexas, ermidas e outras edificacións medievais.
O prezo é de 390 euros para persoas asociacias á Asociación Veciñal Fonte do Galo, e de 420 para non asociadas.
O prezo inclúe autocar, réxime segundo programa, estancia en Hotel Isabel de Segura (3 estrelas), visita a un secadeiro de xamón de Bronchales, entrada nas Grutas de Cristal, guía local, seguro de asistencia e guía aocmpañante.
As prazas son limitadas, anímate e inscríbete para viaxar connosco.