Que facemos

A Asociación funciona como servizo de atención e asesoramento da veciñanza en todos os campos que representen unha mellora na calidade de vida comunitaria e individual.

Ademais do seu labor reivindicativa en defensa dos intereses dos cidadáns, a Asociación programa numerosas actividades culturais, artísticas e recreativas, celebracións de Nadal, Entroido, conferencias, charlas, obras de teatro, encontros, exposicións e diferentes cursos e actividades acordes coas demandas da veciñanza.