Quen somos

Á Asociación de Veciños Fonte do Galo é un punto de encontro dos veciños de Vigo–Centro, aberto á participación de toda a cidadanía.

A Asociación fúndase no ano 1986 co obxectivo principal de dar solución á problemática que se presenta ante o anuncio da construción dun paso elevado que conectaría a autoestrada co porto de Vigo.

Despois de duras e prolongadas negociacións coa administración por parte da veciñanza, conséguese ao fin o cambio do proxecto segundo as reivindicacións, coa construción dos actuais túneles subterráneos.