Blog de oficina

Festa anual dos socios, 4 de maio de 2013.

Agradecemos a participación dos nosos socios na festa da Asociación Veciñal Fonte do Galo.

Subido á web: 
VENRES, 10/05/2013

Actividade "A seguridade viaria no teu día a día"

O equipo de Educación Vial da Policía Local de Vigo organiza unha actividade gratuíta na Asociación o vindeiro xoves 23 de maio ás 11:00h. Pregamos ós interesados confirmen asistencia en secretaría.

Subido á web: 
VENRES, 26/04/2013

Excursión ás Illas Cíes Mulleres

Como todos os anos, a Vogalía de Igualdade da Federación Veciñal Eduardo Chao, organiza a excursión "Illas Cíes Mulleres". A viaxe terá lugar o 25 de xuño, e prazo límite de reserva é o 14 de xuño.  Os prezos son os seguintes: 

Persoas adultas -12€

Nen@s (3 a 12 anos) - 7€ (os rapaces varóns poden ir ata os 12 anos)

Cativ@s (de 0 a 2 anos) - De balde

Máis información e reservas na secretaría da Asociación.

Subido á web: 
VENRES, 26/04/2013

Festa da Asociación

O vindeiro día sábado 4 de maio celebramos a FESTA DA ASOCIACIÓN. A festa dará comezo ás 6 da tarde coa mostra das diferentes actividades que se realizan na Asociación. Estades todos convidados!!

Subido á web: 
MARTES, 16/04/2013

I Feira de Emprego de Galicia, Empregalia 2013

A Asociación de Mulleres en Igualdade de Vigo levan a cabo a I Feira de Emprego de Galicia, Empregalia 2013, na cidade de Vigo o venres 19 abril de 9:30 a 13:30 e de 16:30 a 20:00 e sábado día 20 de 9:30 a 13:30 na Zona Franca de Vigo en Bouzas.

Subido á web: 
MARTES, 16/04/2013

Páginas

Suscribirse a RSS - Blog de oficina