Como foi a viaxe a Turquía?

A asociación veciñal organizou unha viaxe guiada a Turquía do día 8 ao 15 de setembro. Compartimos tempo de lecer e coñecemos a grande cidade de Istambul, a capital Ankara e a rexión da Capadocia, na Anatolia Central. Gozamos do inmenso valor patrimonial, arquitectónico e cultural de Turquía, como o palacio museo de Topkapi, o gran bazar, a igrexa de Santa Sofía, o hipódromo, a Mesquita Azul…, e desfrutamos da súa ampla tradición gastronómica.

De seguido, tes algunhas fotografías desta grande viaxe.
Fica pendente á nosa web para coñecer as próximas viaxes que organizaremos desde Fonte do Galo.

Publicado en viaxes y etiquetado .