Horarios e salas de actividades
Aquí podes consultar os horarios das distintas actividades e as salas na sede da Asociación nas que se imparten.
Para calquera consulta podes consultar na oficina da Asociación. O seu horario de atención aos socios é:
Mañás: xoves de 11.00 a 13.00h
Tardes: martes. xoves e venres de 18.30 a 20.00h
Aquí podes consultar as Normas de asistencia e os procedementos de inscrición.
HORARIOS DE SALAS ACTUALIZADOS – 14 NOVIEMBRE 2025
Normas de asistencia e procedementos de inscrición
Dende a Asociación Veciñal Fonte do Galo, convidámosvos a participar nos cursos e obradoiros que organizamos como parte dos servizos e actividades que ofrecemos aos nosos socios.
A continuación, detallamos as normas e os procedementos a seguir para participar en cada un deles:
- Inscrición: Para inscribirse nos cursos ou obradoiros, é necesario cubrir a Folla de Inscrición disponible na entrada. A folla cuberta debe entregarse persoalmente ao responsable da actividade, xunto co teu Carnet de Asociado actualizado.
- Asignación de Prazas: A cada inscrición asignaraselle un número. As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de chegada. Unha vez cuberto, establecerase unha lista de espera e contactarase cos socios cando se produzcan prazas vacantes.
- Pago das cuotas: Durante os primeiros sete días de cada mes, a cuota correspondente debe aboarse directamente ao instrutor ou instrutora do curso ou obradoiro.
- Asistencia e Baixas: No caso de non poder pode asistir a unha actividade, é necesario aboar igualmente a cuota mensual, agás que exista unha notificación debidamente xustificada e previa de causa maior. O incumprimento desta norma podería supoñer a perda da praza.
- Uso de teléfonos móbiles: Prégase que os teléfonos móbiles permanezan apagados ou no modo silencioso durante as actividades para evitar interromper o seu progreso.
- Horario e duración: As actividades comezarán puntualmente á hora establecida e durarán 55 minutos. No caso de sesións continuas, a duración será de 115 minutos.
- Contacto de emerxencia: O primeiro día de clase, o profesor ou instrutor tomará nota do número de teléfono do alumno para facilitar a comunicación en casos urxentes ou importantes.
Estas normas están deseñadas para garantir o bo desenvolvemento das actividades e unha experiencia satisfactoria para todos os participantes.


