Na Fonte do Galo xa temos cub de lectura

Xa podes anotarte no club de lectura da asociación veciña. A dinámica é a seguinte: a primeira semana de cada mes presentarase o libro elixido entre todas as persoas participantes e durante ese mes, e a medida que se vaia avanzando na súa lectura, farase unha tertulia sobre a autora ou autor, as personaxes, a obra…

Se queres participar desta nova iniciativa na Fonte do Galo ou recibir máis información ponte en contacto coa secretaría da asociación.

Publicado en cursos e actividades.