Excursión ás Illas Cíes Mulleres

Subido á web: 
VENRES, 26/04/2013

Como todos os anos, a Vogalía de Igualdade da Federación Veciñal Eduardo Chao, organiza a excursión "Illas Cíes Mulleres". A viaxe terá lugar o 25 de xuño, e prazo límite de reserva é o 14 de xuño.  Os prezos son os seguintes: 

Persoas adultas -12€

Nen@s (3 a 12 anos) - 7€ (os rapaces varóns poden ir ata os 12 anos)

Cativ@s (de 0 a 2 anos) - De balde

Máis información e reservas na secretaría da Asociación.