Excursión Val do Silencio

Subido á web: 
MARTES, 15/03/20016

Temos programada unha saída á Comarca do Bierzo, Val do Silencio, a fin de semana do 16 e 17 de Abril.

Visitaremos Ponferrada, Astorga, Castrillo de Polvazares, Peñalba de Santiago...

Prezo por persoa:

Socios: 105€

Non socios: 115€

O prezo inclúe transporte en autocar, aloxamento en hotel 3 estrelas, habitación dobre con baño, réxime pensión completa, azafata acompañante, seguro de asistencia en viaxe.

Inscrición e máis información na secretaría da Asociación.