Blogs

Convocatoria de Asamblea Xeral Ordinaria e Extraordinaria

Conforme establece o artigo 18 dos Estatutos, pola presente convócase reunión de Asemblea Xeral Ordinaria da Asociación de Veciños “Fonte do Galo” de Vigo, a celebrar no local social, situado na rúa Rosalía de Castro nº 41 baixo Z, o martes día 18 de xuño de 2013 ás 20,00 h. en primeira convocatoria e 20,30 h. en segunda e última, coa seguinte orde do día:

  • Lectura e aprobación se procede, do acta anterior.
  • Informe da Xunta Directiva.
  • Estado de contas da Asociación.
  • Programa actividades Orzamento para o próximo exercicio.
  • Rogos e preguntas

A continuación terá lugar a reunión da Asemblea Xeral Extraordinaria, coa seguinte orde do día:

1. Modificación dos artigos 12º e 19º dos Estatutos.

Vigo, 31 de maio de 2013,

A Presidenta,

Mercedes García Quinteiro

Subido á web: 
MÉRCORES, 05/06/2013

Inscrición para as actividades 2013/2014

Comunicamos ás socias e socios que a mátricula para o vindeiro ano está aberta.

As persoas que queran continuar cas actividades que veñen realizando, deben preinscibirse en secretaría para a reserva de praza.

Aquelas socias e socios que queran comezar nunha actividade, deben anotarse en secretaría a partir do 10 de xuño.

Subido á web: 
MÉRCORES, 15/05/2013

Festa anual dos socios, 4 de maio de 2013.

Agradecemos a participación dos nosos socios na festa da Asociación Veciñal Fonte do Galo.

Subido á web: 
VENRES, 10/05/2013

Actividade "A seguridade viaria no teu día a día"

O equipo de Educación Vial da Policía Local de Vigo organiza unha actividade gratuíta na Asociación o vindeiro xoves 23 de maio ás 11:00h. Pregamos ós interesados confirmen asistencia en secretaría.

Subido á web: 
VENRES, 26/04/2013

Excursión ás Illas Cíes Mulleres

Como todos os anos, a Vogalía de Igualdade da Federación Veciñal Eduardo Chao, organiza a excursión "Illas Cíes Mulleres". A viaxe terá lugar o 25 de xuño, e prazo límite de reserva é o 14 de xuño.  Os prezos son os seguintes: 

Persoas adultas -12€

Nen@s (3 a 12 anos) - 7€ (os rapaces varóns poden ir ata os 12 anos)

Cativ@s (de 0 a 2 anos) - De balde

Máis información e reservas na secretaría da Asociación.

Subido á web: 
VENRES, 26/04/2013

Festa da Asociación

O vindeiro día sábado 4 de maio celebramos a FESTA DA ASOCIACIÓN. A festa dará comezo ás 6 da tarde coa mostra das diferentes actividades que se realizan na Asociación. Estades todos convidados!!

Subido á web: 
MARTES, 16/04/2013

I Feira de Emprego de Galicia, Empregalia 2013

A Asociación de Mulleres en Igualdade de Vigo levan a cabo a I Feira de Emprego de Galicia, Empregalia 2013, na cidade de Vigo o venres 19 abril de 9:30 a 13:30 e de 16:30 a 20:00 e sábado día 20 de 9:30 a 13:30 na Zona Franca de Vigo en Bouzas.

Subido á web: 
MARTES, 16/04/2013

Excursión a Lisboa - Costa Azul portuguesa

Temos programada unha saída na que visitaremos Évora, a Serra da Arrabida, percorrendo a Costa Azul e Lisboa. A viaxe terá lugar entre os días 17-19 de maio. O prezo inclúe:

  • Estancia en Hotel de 3 ***
  • Pensión completa
  • Seguro de viaxe
  • Guía acompañante

Prezo: 134€

Información e reservas: Secretaría a Asociación

Subido á web: 
MARTES, 16/04/2013

Benvidos á nova web

A partir deste mes de abril tedes a vosa disposición a nova web, ca que tentaremos achegarvos todo o relativo á actualidade do noso entorno. Nela teredes información relativa á Asociación (qué facemos, como facerse socio, xunta directiva... ), ás últimas novidades desta (cursos, excursións... ), avisos de interese á cidadanía, horario e listado das actividades e métodos de contacto. ¡Esperamos que vos guste e que vos sexa de utilidade!

Subido á web: 
LUNS, 15/04/2013

Páginas

Suscribirse a RSS - blogs