Conforme establece o artigo 18 dos Estatutos, pola presente convócase reunión de Asemblea Xeral Ordinaria da Asociación de Veciños “Fonte do Galo” de Vigo, a celebrar no local social, situado na rúa Rosalía de Castro nº 41 baixo Z, o martes día 18 de xuño de 2013 ás 20,00 h. en primeira convocatoria e 20,30 h. en segunda e última, coa seguinte orde do día:
- Lectura e aprobación se procede, do acta anterior.
- Informe da Xunta Directiva.
- Estado de contas da Asociación.
- Programa actividades Orzamento para o próximo exercicio.
- Rogos e preguntas
A continuación terá lugar a reunión da Asemblea Xeral Extraordinaria, coa seguinte orde do día:
1. Modificación dos artigos 12º e 19º dos Estatutos.
Vigo, 31 de maio de 2013,
A Presidenta,
Mercedes García Quinteiro