Novo curso: Nutrición activa

Á volta do verán retornan os cursos e obradoiros á Asociaicón Veciñal Fonte do Galo. E desta volta contamos con novidades, pois impartirase por primeira vez o curso de Nutrición Activa.

Acudindo ás aulas desta actividade aprenderás a elaborar menús saludables, a ler e comprender as etiquetas dos produtos e distinguir cales son os ultraprocesados.

Saberás tamén cales deben ser os produtos e alimentos imprescindibles na túa compra e na despensa, así como elaborar múltiples receitas rápidas e sinxelas.

Interésache saber de que maneira podes acadar o teu peso ideal? Pois este curso dará as claves para logralo.

As clases comezarán en outubro e durarán até xuño, e serán todo os xoves de 12.00 a 13.00 horas no local da asociación veciñal, e estarán impartidas por Mónica Calvo Serrano, especialista en nutrición.

Anótate na secretaría da AV. Fonte do Galo

Publicado en cursos e actividades.