O vindeiro 26 de outubro teremos a nosa primeira ruta de sendeirismo cunha saída ao parque do Vixiador en Vigo. Unha ruta bonita, sinxela e cómoda para disfrutar desta agradable actividade.
Recordámoste que o vindeiro 11 de Outubro teremos na sede da Asociación un Obradoiro de Sendeirismo que nos axudará a preparar as nosas rutas.