Na Asociación de veciños Fonte do Galo imos organizar actividades de aventura e xogos para nenos de 7 a 14 anos os sábados pola mañá entre as 11:30 e as 13:00 horas. Tamén imos organizar un Grupo Scout dentro da nosa Asociación, como unha contribución máis á mellora da calidade de vida no barrio.
As persoas interesadas poden visitar as instalacións da Asociación na rúa Rosalía de Castro nº 41, planta baixa Z, ou enviar un correo electrónico a info@fontedogalo.es, e enviarémosche un código QR para contactar connosco por WhatsApp.