Viaxa connosco a Istambul, Ankara e Capadocia

Na asociación veciñal temos preparada unha nova viaxe e xa te podes anotar nela. Do 8 ao 15 de setembro viaxaremos a Turquía e visitaremos a cidade de Istambul (a máis poboada e grande do país), a capital Ankara e coñeceremos a fermosa rexión da Capadocia, na Anatolia Central, caracterizada por ter unha formación xeolóxica única no mundo e polo seu patrimonio histórico e cultural.

 

Pasaremos catro noites en Istambul nun hotel de catro estrelas, unha noite en Ankara, faremos un tour de dous días pola Capadocia e contaremos con entradas para visitar o palacio museo de Topkapi, o gran bazar, a igrexa de Santa Sofía, o hipódromo, a Mesquita Azul…

 

A viaxe terá guia desde o comezo á fin e teremos servizo de autocar até Porto, onde colleremos o voo directo a Istambul.

 

Infórmate dos prezos e máis detalles na secretaría da asociación veciñal.

 

 

Publicado en viaxes.