Viaxe a Dublín

Nesta Semana Santa organizamos desde a asociación unha viaxe a Dublín. Visitaremos a capital irlandesa, saíndo de Vigo o vindeiro 17 de abril e con volta o 21 de abril. Coñeceremos a través de visitas guiadas a National Gallery, a Catedral de St. Patricks, a Torre de O’Brien e seguiremos a Galway.

Se queres pasar un bo momento coa veciñanza e coñecer os tesouros de Irlanda, aproveita esta ocasión e ponte en contacto coa oficina da Fonte do Galo.

Publicado en Uncategorized.