A asociaicón veciñal Fonte do Galo pon a disposición da veciñanza unha ampla e diversa oferta formativa, impartida por profesionais, para aprendermos xuntas e xuntos.
Poderás coñecer novos idiomas ou incrementar o teu nivel, así como practicar diferentes actividades físicas para gañar en calidade de vida, aprender múltiples artes, bailes e músicas e incentivar a creatividade.
Na secretaría da asociación poderás recibir máis información sobre os horarios e grupos dispoñíbeis e como inscribirte para poder acudir ás aulas.
Todas as actividades se realizan de luns a venres desde o mes de setembro até xuño.